A arte da cinematografía

IMPARTIDO POR ALBERTE BRANCO
  • Nivel: iniciación
  • Duración: 14 horas
  • Horario: sábado: de 10 a 14h e de 15:30 a 19:30 h
    domingo: de 10 a 14h e de 15:30 a 17:30h
  • Nº de prazas: 15
  • Cota de inscrición: 50 €
  • Datas:18 e 19 de febreiro de 2017

Dirixido a: persoas sen experiencia en dirección de fotografía.

A arte da cinematografía é unha sensación que engloba mirada, sensibilidade e se expresa con técnica. Neste obradoiro intentaranse activar estes tres puntos en persoas que nunca tiveron contacto co oficio da dirección de fotografía.

PROGRAMA

    1. Por que traballo creando imaxes?
    2. Que é un director de fotografía?
    3. Equipos que axudan a executar o traballo do director de fotografía.
    4. A relación co(a) director(a) e co resto dos equipos de arte, vestiario e maquillaxe.
    5. Proxección de fragmentos de catro longametraxes filmadas polo docente que se comentarán dende o punto de vista da estética fotográfica en combinación cos espazos cinematográficos e a posta en escena:
      • Adolescente (2012). Director: Ángel Santos. Director de fotografía: Alberto Branco (a.e.c.). Rodada con negativo Kodak en 16mm en cor para copia de exhibición dcp en cor.
      • Encallados (2013). Director: Alfonso Zarauza. Director de fotografía: Alberte Branco (a.e.c.). Rodada en negativo Kodak en s16mm en cor para copia de exhibición dcp en branco e negro.
      • Os Fenómenos (2014). Director: Alfonso Zarauza. Director de fotografía: Alberte Branco (a.e.c.). Rodada con Arri Alexa+óptica coke S2 para copia de proxección dcp.
      • Trazos (2016). Director: Alberte Branco. Director de fotografía: Alberte Branco (a.e.c.) coa colaboración das veciñas e veciños do Concello de San Sadurniño. Rodada con Bolex H16 para copia dixital.
    6. Ferramentas dun director de fotografía para expoñer unha película
    7. Distintos proxectores para cinematografía. Lente fesnell, lente abertas, lámpada HMI, lámpada halóxeno-túgsteno, lámpada MSR, lámpada Par, fluorescencia, led. Xelatinas de iluminación rosco e lee filers. Como interpretalas.
    8. Distintos xogos de ópticas con montura PL, montura EF. Arri, Zeiss, Coke, etc.
      • O fotómetro Sekonic L-758 Cine Digital Master. Formas de medición, incidente e reflectida.
      • O termocolorímetro C-500 Prodigi Color. Temperatura de cor.
      • Dominio da luz natural, poñendo en práctica a brúxula, o inclinómetro e o software SunPath.
    9. Prácticas en exteriores e interiores co obxectivo de estudar a composición, a dirección das miradas, as relacións de contraste, etc.

ALBERTe BRANCO

Alberte Branco (a.e.c.) leva 10 anos de traxectoria como director de fotografía. O seu traballo, versátil e con personalidade, caracterízase por fusionarse co proxecto que teña entre mans e loitar ata levar a ollada do director ou directora á pantalla. Consciente da importancia do cinema como arte e como fiestra que chega á sociedade, gústalle experimentar usando a imaxinación e o risco para ben do proxecto no que está mergullado. Ao longo da súa carreira traballou como director de fotografía en doce longametraxes, tres das cales levaron catro premios á Mellor Dirección de Fotografía en diversos certames: Vilamor, de Ignacio Vilar, na undécima edición dos premios Mestre Mateo e no New York City International Film (2012); Encallados, de Alfonso Zarauza, na duodécima edición dos Mestre Mateo; e Os Fenómenos, de Alfonso Zarauza, no XXIV Cine Ceará, Festival de Cinema Iberoamericano en Fortaleza (Brasil). No 2016 rematou a súa ópera prima como director titulada Trazos, unha curtametraxe rodada en 16mm cunha cámara Bolex H16 que fala sobre a identidade e estivo seleccionada nas últimas edicións das mostras (S8) Mostra de Cinema Periférico, Festival de Cine Lima Independente e na sección competitiva Planeta GZ do Curtocircuíto.

Log In or Sign Up

Se estás matriculado/a en algún obradoiro do LAV introduce os teus datos de acceso para acceder ao foro de alumnos.

¿Recordar contraseña? / ¿Recordar usuario?