Ciclo de verán 4×4 2019

Santoalla

santoalla_imaxe

2016. Documental. 83 min.
Dirección: Andrew Becker e Daniel Mehrer

Martin Verfondern e Margo Pool, unha parella de holandeses que soña con vivir na natureza, acábanse asentando nunha pequena e remota aldea de Ourense practicamente abandonada. A súa chegada desafía as tradicións da única familia nativa e desencadea un conflito que culminará coa misteriosa desaparición de Martin.

Venres 5 de xullo. 22:30 h
San Mamede de Ribadulla. Campo da festa
(Se chove, no local do campo da festa)

Coa colaboración da Asociación de Veciños San Blas

Eduardo Barreiros, o Henry Ford galego

henryford

2011. Drama. 90 min. Baseado en feitos reais.
Dirección: Simón Casal
Con: Manuel Regueiro, Christian Escuredo, Manolo Solo, Julio Pereira, Denis Gómez, María Tasende, Alfonso Agra, Tamara Canosa...

Eduardo Barreiros é un galego de orixe humilde que consegue montar un imperio empresarial coa transformación dos motores de gasolina en diésel. Grazas á súa curiosidade e á súa incansable determinación crea unha xigantesca corporación automobilística que desafía o monopolio do estado franquista.

Venres 12 de xullo. 22:30 h
San Pedro de Sarandón. Campo da festa.
(Se chove, no local multiusos)

Coa colaboración da Asociación de Veciños de San Pedro de Sarandón

A sombra da lei

la-sombra-de-la-ley-2-d83223d

2018. Drama. 126 min.
Dirección: Dani de la Torre
Con: Luis Tosar, Michelle Jenner, Vicente Romero, Ernesto Alterio, Paco Tous, Manolo Solo...

No ano 1921, España vive un momento caótico de enfrontamentos entre matóns e anarquistas mentres que os negocios ilegais florecen á sombra. Neste ambiente envían ao axente Aníbal Uriarte a Barcelona para deter os ladróns dun tren militar. Alí coñecerá a Sara, unha moza loitadora con quen desenvolverá un vínculo especial.

Venres 19 de xullo. 22:30 h
San Xián de Sales. Campo da festa
(Se chove, no local do campo da festa)

Coa colaboración da Asociación de Veciños Unión e Progreso de San Xián de Sales

Os fillos do sol

fillosdosol

2017. Drama. 88 min. Baseado en feitos reais.
Dirección: Ramón Costafreda e Kiko Ruiz Claverol
Con: Pablo Derqui, Xosé Barato, Vicky Luengo, Tamar Novas, Xúlio Abonjo, Víctor Duplá, Roser Tapias, Celso Bugallo, Clara Segura, Manolo Cortés...

En plena posguerra, catro visionarios logran crear unha das empresas farmacéuticas máis importantes do século XX: os laboratorios Zeltia. Alí o científico Ferran Calvet poderá aplicar todos os seus coñecementos técnicos logo de ser apartado da docencia na Universidade de Santiago de Compostela polo goberno franquista.

Sábado 20 de xullo. 22:30 h
A Ponte Ulla. Campo da festa
(Se chove, na antiga casa reitoral)

Coa colaboración da Asociación de Veciños Virxe do Gundián

Organiza: Asociación Cultural Senupeso

Coa colaboración de: