Edición de vídeo para principiantes

IMPARTIDO POR maría lobo e roi guitián (gingko)
  • Nivel: iniciación
  • Duración: 14 horas
  • Horario: sábado: de 10 a 14h e de 15:30 a 19:30 h
    domingo: de 10 a 14h e de 15:30 a 17:30h
  • Nº de prazas: 15
  • Cota de inscrición: 50 €
  • Datas:18 e 19 de febreiro de 2017

Dirixido a: persoas sen ningunha ou con moi pouca experiencia en edición de vídeo que queren ter un punto de partida a partir do cal editar os seus vídeos, curtametraxes ou quen sabe se a próxima película gañadora do Mestre Mateo. Especialmente indicado para todas aquelas persoas que traballan en asociacións, colectivos ou escolas e ás que se lles acumulan imaxes nos disco duros. Tamén están máis que invitadas todas aquelas persoas con curiosidade polo mundo audiovisual e ganas de aprender. Non é necesario ter experiencia previa.

A edición de vídeo dixital é o último paso converter as nosas gravacións nunha peza audiovisual onde as imaxes, o son, os gráficos e os efectos se xuntan para contar unha historia. Este obradoiro propón coñecer o proceso de edición audiovisual dende cero. Unha achega para principiantes que nos permitirá saber un pouco máis sobre a montaxe e a súas posibilidades. Xogaremos coas ferramentas e cos recursos, e remataremos con polo menos un vídeo editado, cos seus rótulos, as súas músicas e os seus efectos, listo para publicar e difundir.

Material necesario: imprescindible traer portátil e auriculares. Unhas semanas antes do inicio do curso os profesores poranse en contacto co alumnado para indicarlles que software (gratuíto) convén traer instalado.

PROGRAMA

  • Teoría básica da edición de vídeo
  • Edición de son: efectos e mesturas.
  • Edición online: ferramentas para editar sen descargar nada.
  • Edición de vídeo con software: explorar, experimentar e dominar os programas de edición de vídeo.
  • Xogos, experimentos e prácticas varias.

gingko

Gingko está formado por María Lobo e Roi Guitián, dous profesionais da comunicación e a educación especializados en produción audiovisual cos pés en Vigo e a cabeza en moitos sitios. Cren que as mellores formas de aprender son xogando e facendo, por iso realizan obradoiros prácticos nos que o importante son os participantes e os seus intereses. As súas actividades sempre están dirixidas a fomentar a creatividade e o sentido crítico mediante a análise e a subversión da linguaxe dos medios. Algunhas das últimas actividades formativas nas que andan metidos son o EpDLab, Obradoiro de Xornalismo Dixital e outras actividades para centros de ensino secundario, así como na formación en innovación educativa para profesionais.

Log In or Sign Up

Se estás matriculado/a en algún obradoiro do LAV introduce os teus datos de acceso para acceder ao foro de alumnos.

¿Recordar contraseña? / ¿Recordar usuario?