Escritura de diálogos para televisión (e cine)

IMPARTIDO POR ELIGIO R. MONTERO
  • Nivel: medio
  • Duración: 14 horas
  • Horario: sábado: de 10 a 14h e de 15:30 a 19:30 h
    domingo: de 10 a 14h e de 15:30 a 17:30h
  • Nº de prazas: 15
  • Cota de inscrición: 50 €
  • Datas:18 e 19 de febreiro de 2017

Dirixido a:

persoas interesadas na escritura de guións.

Nos cursos e manuais de guión, o programa adoita centrarse en conceptos como estrutura, personaxes, conflito, tema, etc., o cal é moi lóxico, pois son os elementos claves da narrativa, mais aos diálogos dedícaselles pouco tempo. Ademais, na práctica profesional de televisión, existe a figura do “dialoguista”, que se dedica a escribir diálogos a partir dunha escaleta ou tratamento previo. Este obradoiro está enfocado especialmente a ese posto, aínda que as leccións que se poderán extraer del son tamén moi aplicables a cine e outro tipo de formatos.
O curso será fundamentalmente práctico. Comezará cunha primeira parte teórica, na cal se falará sobre a técnica do diálogo, tanto a partir do que estudou o profesor como da súa experiencia profesional como guionista e, sobre todo, editor de guións (Mareas Vivas, Terra de Miranda, As Leis de Celavella, Gran Hotel, Bajo Sospecha e Seis Hermanas). Será unha mestura de elementos teóricos e de consellos moi prácticos e concretos. A partir de aí, os alumnos enfrontaranse a varios exercicios prácticos de diálogos con material real empregado en series nas que participou o docente. Os exercicios analizaranse e corrixiranse para sacar deles tanto unha experiencia realista como novas leccións teóricas.

Material necesario: é fundamental que os alumnos leven ordenador para poder escribir os exercicios.

PROGRAMA

Sábado pola mañá
Parte I – Bases teóricas: exporanse unha serie de principios teóricos e de consellos prácticos que poden resultar de utilidade á hora de enfrontarse á escritura de diálogos dunha serie ou dunha película.

Parte II – Escritura: presentarase xa o primeiro exercicio e os alumnos Terán una hora para escribir una secuencia dunha serie. Cada un fará una escena diferente, para así cubrir un maior abano de situación e problemas e facer o curso máis ameno.

Sábado pola tarde
Parte III – Avaliación: traballarase a partir do escrito, vendo os acertos, erros e aspectos mellorables de cada exercicio.

Parte IV – Reescritura: procederase á reescritura do material en base ao falado e a súa avaliación final.

Domingo pola mañá
Parte V – Escritura II: porase un novo exercicio de escritura, agora para un formato televisivo diferente ao do primeiro día.

Parte VI – Avaliación e reescritura: volverase a avaliar e corrixir.

Domingo pola tarde
Parte VII – Un decálogo persoal: a partir do experimentado, os alumnos elaborarán un decálogo persoal sobre que é o máis importante á hora de escribir diálogos para cine e televisión. O profesor tamén dará a súa opinión ao respecto.

ELOGIO R. MONTERO

Eligio R. Montero é un guionista profesional licenciado en Psicoloxía pola USC e titulado en Produción e Realización Audiovisual pola EIS (A Coruña) que completou a súa formación cun mestrado en Xestión de Dereitos de Autor da SGAE, varios cursos do programa Media, un mestrado en Edición de Guión (programa Arista-Media II e numerosos seminarios con guionistas de recoñecido prestixio nacional e internacional.

Comezou a súa carreira profesional na produción e na produción executiva en Eloy Lozano Producciones e Continental S.L., para publicidade, cine e televisión. A partir de 1999 comezou a traballar como guionista profesional, primeiro en aplicacións multimedia, videoxogos, publicidade e documentais, para pasar á ficción a partir do ano 2001. Entre as series galegas de maior éxito para as que escribiu están Mareas Vivas, Pratos Combinados, Rías Baixas, Terra de Miranda, O Show dos Tonechos, etc, e foi tamén cocreador de dúas das series máis premiadas (dentro de fóra de España) da televisión galega: <As Leis de Celavella e Padre Casares.

Aínda que antes xa participara nalgunha ficción nacional (como dialoguista en Al salir de clase, no 2007 trasládase a Madrid e comeza a traballar para series nacionais como Desaparecida, UCO, Guante Blanco, Gran Reserva, Hispania, Gran Hotel, Bajo Sospecha >e> Seis Hermanas>, nas que desempeñou todo tipo de labores e cargos: creación, coordinación, argumentos, diálogos...

Actualmente compaxina o seu labor como guionista de televisión con proxectos cinematográficos, sendo o primeiro deles Buñuel en el laberinto de las Tortugas, que se atopa en produción, e con outros xa en preparación.

Log In or Sign Up

Se estás matriculado/a en algún obradoiro do LAV introduce os teus datos de acceso para acceder ao foro de alumnos.

¿Recordar contraseña? / ¿Recordar usuario?