LAV.mov

Logo de dez anos, o Laboratorio Audiovisual de Vedra renóvase para saír das aulas. O LAV deixa paso ao LAV.mov!

E que é o LAV.mov?

Dúas fins de semana de actividades independentes en outubro de 2018:

OBRADOIROS DE FORMACIÓN. Sábado 6 e domingo 7 de outubro:

FESTIVAL DE CURTAS EXPRESS. Venres 12, sábado 13 e domingo 14 de outubro:

  • 50 horas para facer en equipo unha peza de menos de 5 minutos.
  • Dúas categorías: videoclips e curtametraxes.
  • Premios de 1.000 € ás mellores pezas en cada categoría.
  • Número limitado de equipos.
  • Con mentores asesorando nas fases de planificación, rodaxe e montaxe.

Por que este novo formato?

  • Para renovar o LAV para asegurar a súa continuidade: un proxecto novo para un novo impulso.
  • Para saír das aulas: ir máis alá da teoría e pasar a producir pezas audiovisuais.
  • Para ter un maior impacto local: queremos máis veciños e veciñas participando e que as persoas, a realidade e as  historias de Vedra e arredores sexan protagonistas das pezas que se creen.
  • Para deixar unha pegada: que do LAV.mov saian pezas que sirvan de escaparate do proxecto e de Vedra e comarca.

+ INFO

OBRADOIROS

Iniciación ás curtas Videoclips Dirección de curtas

CONCURSO

Festival de Curtas Express