Obradoiro “enfocando a dirección”

Prazas? 15  |  Prezo? 60 €

Cando? sábado 6 de outubro de 10 h a 14 h e de 15:30 h a 19:30 h; domingo 7 de outubro de 10 h a 14 h e de 15:30 h a 17:30 h

Onde? Centro Social de Vedra

Inscrición aberta ata o mércores 3 de outubro

Impartido por: Jorge Coira

Dirixido a: estudantes e persoas afeccionadas con algunha experiencia no audiovisual e/ou cun forte interese en iniciarse na creación de pezas audiovisuais. O nivel é intermedio..

Material necesario: non é obrigatorio ningún material, aínda que se o alumnado ten algún proxecto audiovisual en mente, sería moi interesante traelo para estudar o caso e as mellores opcións para afrontalo.

INSCRÍBETE

Nome do alumno/a
Correo electrónico

PROGRAMA

No obradoiro centrarémonos nos principais aspectos que se deben considerar ao lanzármonos a contar unha historia a través de medios audiovisuais, co obxectivo de prepararnos para poder rodar materiais vivos e interesantes.

Tanto a preprodución (o guion, a planificación, os ensaios...) como, sobre todo, a rodaxe (o traballo en equipo e cos distintos departamentos, a relación cos actores e coas actrices, a posta en escena...) teñen que levar unha dirección coherente... ou non, nalgúns casos, pero de todos os xeitos, paga a pena darlle unha volta aos diferentes pasos.

JORGE COIRA

Director, guionista e montador de cine e TV.

Como director é responsable de longametraxes como 18 comidas e El año de la garrapata, series como Luci, Padre Casares, Pelotas, El comisario, As leis de Celavella..., ou curtas como O matachín ou Mofa e Befa: Gran Liquidación, entre outras.

Ademais de montar traballos propios, tamén se encargou de varias curtametraxes, de documentais e das longametraxes El menor de los males, de Antonio Hernández e El desconocido, de Dani de la Torre. Por este último filme gañou en 2016 o premio Goya á Mellor Montaxe.