Obradoiro de iniciación ás curtametraxes

EXCLUSIVO PARA VECIÑ@S DE VEDRA

Prazas? 15 | Prezo? 20 €

Cando? sábado 6 de outubro de 10 h a 14 h e de 15:30 h a 19:30 h; domingo 7 de outubro de 10 h a 14 h e de 15:30 h a 17:30 h

Onde? Biblioteca Municipal de Vedra

Inscrición aberta ata o mércores 3 de outubro

Impartido por: Gingko (María Lobo e Roi Guitián)

Dirixido a: veciñanza de Vedra sen ningunha ou con moi pouca experiencia no audiovisual, pero con curiosidade polo mundiño das curtametraxes, os documentais ou a imaxe en movemento en xeral. Ah! E con ganas de aprender, claro.

Material necesario: é conveniente traer os dispositivos que se teñan na casa e cos que se poida gravar e/ou editar: móbil, cámara, portátil, auriculares... Unhas semanas antes do inicio do curso, Gingko poñerase en contacto co alumnado para indicarlles que software (gratuíto ou libre) convén traer instalado.

INSCRÍBETE

Nome do alumno/a
Correo electrónico

PROGRAMA

  • As historias contadas cunha cámara: da palabra á imaxe e os sons.
  • Gravación e realización para principiantes.
  • Son, música e recursos libres na rede.
  • Edición de vídeo básica.
  • Todo o anterior dende o móbil.
  • Xogos, experimentos e prácticas varias.

Hai tempo que queres contar e gravar a túa pequena historia, pero non sabes por onde empezar? Tes un Kubrick agochado no galpón e queres sacar o máximo da túa creatividade? Queres, simplemente, pasalo ben no teu concello mentres fedellas con cámaras, micrófonos e outros dispositivos? (que non é pouco!)

Se a resposta é si, este curso é para ti. Porque nel ímonos achegar aos diferentes pasos para crear un produto audiovisual, imos dar consellos para gravar imaxe e son e imos aprender a editar as nosas historias.

Na seguinte fin de semana celebrarase o LAV.mov, un concurso de creación audiovisual. O obxectivo deste obradoiro é achegarlle as ferramentas e as técnicas básicas á veciñanza de Vedra para que poida participar neste concurso. Quen queira acadar ese premio, que se anime a inscribirse neste obradoiro de iniciación á narrativa audiovisual!

GINGKO

En Gingko somos profesionais da comunicación e da educación como ferramentas de innovación social e construción de cidadanía. Hai máis de 10 anos que deseñamos e dinamizamos actividades dirixidas a fomentar a creatividade, a participación activa e a lectura crítica das mensaxes mediáticas. Traballamos en obradoiros prácticos nos que aprendemos a analizar a linguaxe dos medios, a apropiarse das ferramentas e a construír narrativas propias dende a base.