Luz escénica

IMPARTIDO POR XACOBO CASTRO
  • Nivel: iniciación
  • Duración: 14 horas
  • Horario: sábado: de 10 a 14h e de 15:30 a 19:30 h
    domingo: de 10 a 14h e de 15:30 a 17:30h
  • Nº de prazas: 15
  • Cota de inscrición: 50 €
  • Datas:18 e 19 de febreiro de 2017

Dirixido a: persoas de calquera ámbito que estean interesadas en aprender a iluminar unha produción escénica e non teñan coñecementos sobre o tema.

A idea deste obradoiro é proporcionar as ferramentas para poder levar a cabo a iluminación nunha produción escénica.
O alumno coñecerá as propostas de diferentes iluminadores/as que traballan no campo da iluminación escénica, así como as características da luz en teatro, danza e concertos e as súas semellanzas e diferenzas.

Aprenderá sobre procesos de deseño e implantación dun plano de iluminación, montaxe, tipos de aparatos e o seu manexo, conexións eléctricas, seguridade no traballo, protocolos de conexión, mesas de iluminación e creación de atmosferas lumínicas de forma colectiva e individual.

Para este curso non é indispensable dispoñer de ordenador portátil.

XACOBO CASTRO

Formado na Escola de Imaxe e Son de Vigo, conta con máis de once anos de experiencia no ámbito da luz, son e vídeo, tanto en teatro, danza, monicreques, producións audiovisuais e concertos. No ámbito da luz específicamente traballou con numerosas compañías de teatro como Limiar Teatro, Il Maquinario, Fantoches Baj, Chévere, Berrobambán, etc.; en espectáculos de danza como Entremáns ou Mónica García, entre outros; en diversas empresas de iluminación de espectáculos; en producións audiovisuais para Voz Audiovisual e CTV e como freelance en festivais de música.

Log In or Sign Up

Se estás matriculado/a en algún obradoiro do LAV introduce os teus datos de acceso para acceder ao foro de alumnos.

¿Recordar contraseña? / ¿Recordar usuario?