Música electrónica con materiais cotiáns

IMPARTIDO POR MATEO MENA
  • Idade: 11 a 16 anos
    Duración: 3 horas
    Horario: sábado 18 de febreiro de 10 a 13 h
    Nº de prazas: 25
    Inscrición gratuíta

Neste obradoiro os rapaces aprenderán a construír dispositivos electrónicos sonoros empregando materiais cotiáns ou de refugallo (como papel de aluminio, minas de lapis, cables, material electrónico rescatado de aparellos en desuso, auga salgadas, imáns...). A súa finalidade é proporcionarlles un marco creativo no que descubrir procesos científicos e tecnolóxicos a través da experimentación musical, os cales poderán recrear posteriormente con facilidade. Aprenderán a construír coas súas propias mans condensadores, micrófonos, resistencias e altofalantes moi básicos, así como as funcións sonoras de cada uns dos compoñentes electrónicos.

 

MATEO MENA

Mateo Mena é artista sonoro e deseñador de instrumentos musicais electrónicos. Ampliou a súa formación académica con artistas como Nicolas Collins, Juan Matos Capote ou Peter Bosch entre outros. En 2015 presentou o seu último instrumento electrónico, The Hypercubes, na feira de inventores Maker Faire de Roma, Berlín, Santiago de Compostela e Lisboa, onde gañou o premio Maker of Merit ao mellor proxecto na categoría electrónica. Actualmente traballa en diversos proxectos de divulgación artística e científica cos que participou en case 50 espazos de creación e centros educativos de toda Galicia desde 2015.

Log In or Sign Up

Se estás matriculado/a en algún obradoiro do LAV introduce os teus datos de acceso para acceder ao foro de alumnos.

¿Recordar contraseña? / ¿Recordar usuario?