Ciclo de cine de verán 4x4x4 (2017)

4 parroquias * 4 venres * 4 filmes

Organiza: Asociación Senunpeso
Colabora: Concello de Vedra / A. C. Papaventos.
Actividade subvencionada pola Deputación da Coruña

Venres 7 de xullo. 22:30 h
San Miguel de Sarandón. Campo da festa
18 comidas
Seis historias que ocorren nun único día, ao longo de 18 comidas (almorzos, xantares e ceas) que nos fan partícimes dalgúns deses momentos que poden cambiar unha vida. Unha película sorprendente, construída con diálogos abertos á improvisación.

2010. Comedia/Drama. 107 min.
Dirección: Jorge Coira
Con: Luis Tosar, Esperanza Pedreño, Víctor Clavijo, Sergio Peris Mencheta, Juan Carlos Bellido, María Vázquez, Pedro Alonso...

Coa colaboración da Asociación Cultural San Campio


Venres 21 de xullo. 22:30 h
San Mamede de Ribadulla. Campo da festa
Lobos sucios
Manuela traballa nas minas galegas de wolframio explotadas por Alemaña durante a Segunda Guerra Mundial. Para curar a súa filla enferma, tratará xunto á súa irmá Candela de roubar aos nazis. Unha aventura que pode cambiar o curso da guerra. 

2015. Intriga/Aventuras. 105 min.
Dirección: Simón Casal
Con: Marián Álvarez, Manuela Vellés, Isak Férriz, Pierre Kiwitt, Ricardo de Barreiro...

Coa colaboración da Asociación de Veciños San Blas


Venres 4 de agosto. 22:30 h
San Pedro de Sarandón. Campo da festa
A praia dos afogados
Unha mañá, a marea arrastra ata á beira o cadáver dun mariñeiro coas mans atadas. Sen testemuñas nin rastro da embarcación, o inspector Leo Caldas mergúllase no ambiente mariñeiro para esclarecer o crime, pero os veciños resístense a desvelar as súas sospeitas.

2015. Intriga. 96 min.
Dirección: Gerardo Herrero
Con: Carmelo Gómez, Antonio Garrido, Tamar Novas, Celso Bugallo, Celia Freijeiro, Marta Larralde, Ernesto Chao...

Coa colaboración da Asociación de Veciños San Pedro


Venres 18 de agosto. 22:00 h
A Ponte Ulla. Campo da festa
Somos xente honrada
Suso e Manuel, dous pais de familia e amigos de toda a vida, quedan sen traballo con cincuenta anos cumpridos. Cando a situación é xa insostible ocorre algo insólito: un día, mentres están pescando, atopan un paquete con dez quilos de cocaína. 

2013. Comedia/Drama. 85 min.
Dirección: Alejandro Marzoa
Con: Miguel de Lira, Paco Tous, Manuela Vellés, Unax Ugalde, Antonio Durán 'Morris', Xosé Manuel Olveira 'Pico'...

Coa colaboración da Asociación de Veciños Virxe de Gundián

 

Log In or Sign Up

Se estás matriculado/a en algún obradoiro do LAV introduce os teus datos de acceso para acceder ao foro de alumnos.

¿Recordar contraseña? / ¿Recordar usuario?