Timelapse avanzado: controlando a luz en movemento

IMPARTIDO POR DANIEL ALMEIDA
  • Nivel: avanzado
  • Duración: 14 horas
  • Horario: sábado: de 10 a 14h e de 15:30 a 19:30 h
    domingo: de 10 a 14h e de 15:30 a 17:30h
  • Nº de prazas: 15
  • Cota de inscrición: 50 €
  • Datas:18 e 19 de febreiro de 2017

Dirixido a: fotógrafos, cámaras ou cineastas que queiran iniciarse rapidamente nesta técnica ou aqueles que a coñezan e queiran acadar un nivel alto. Os alumnos deberán ter un coñecemento exhaustivo da súa cámara.

O timelapse é unha técnica de imaxe situada entre a fotografía e o vídeo e permite dotar calquera tipo de produción audiovisual dunha gran creatividade adicional. Hoxe en día case calquera afeccionado á imaxe pode dispoñer facilmente dos medios necesarios para levar a cabo con éxito esta técnica. O obxectivo deste obradoiro é proporcionar ao alumno todos os coñecementos técnicos e os trucos dos profesionais para que despois poida aplicalos pola súa conta satisfactoriamente.

Material necesario:

  • Ordenador portátil (PC/Mac) con Photoshop e/ou Lightroom.
  • Cámara DSLR ou sen espello, intervalómetro e trípode.

 

PROGRAMA

BLOQUE 1. Toma de secuencias timelapse/produción.

  • Equipo necesario para realizar timelapses.
  • Settings de cámara, enfoque e exposición.
  • RAW vs JPG.
  • Filtros ND e polarizadores.
  • Planos fixos.
  • Planos en movemento: slider e hyperlapse.
  • Planos diúrnos, nocturnos e transicións día/noite.

 

BLOQUE 2. Edición/posprodución.

  • Revelado de secuencias por lotes en Bridge/Camera Raw ou Lightroom.
  • Emprego de LR Timelapse (revelado avanzado).
  • Timelapse HDR con SNS-HDR.
  • Montaxe en Premiere, crear proxectos.
  • Movemento en posprodución.

 

DANIEL ALMEIDA

Partindo das súa orixe como fotógrafo de paisaxes, axiña quedou enganchado á técnica do timelapse, na que se especializou. Con ela creou os seus propios sistemas de movemento de cámara e dou vida a diversos proxectos audiovisuais en varios países.

Malia a súa paixón pola paisaxe, a súa actividade profesional de xa máis de cinco anos levouno a aplicar a técnica do timelapse a diversos campos, como o seguimento de obras, festivais, vídeos de cidades, promoción turística… Como resultado, puido optimizar a técnica para todos estes campos e agora trasládallela aos seus alumnos nos obradoiros de formación.

Referencias:
Land of the Lost: https://vimeo.com/172473967
Coruña Motion City: https://vimeo.com/167972898

Log In or Sign Up

Se estás matriculado/a en algún obradoiro do LAV introduce os teus datos de acceso para acceder ao foro de alumnos.

¿Recordar contraseña? / ¿Recordar usuario?