Videoproxeccións para espectáculos en vivo

IMPARTIDO POR LAURA ITURRALDE
  • Nivel: medio
  • Duración: 14 horas
  • Horario: sábado: de 10 a 14h e de 15:30 a 19:30 h
    domingo: de 10 a 14h e de 15:30 a 17:30h
  • Nº de prazas: 15
  • Cota de inscrición: 50 €
  • Datas:18 e 19 de febreiro de 2017

Dirixido a: persoas relacionadas co mundo do audiovisual, música e artes escénicas en xeral. É recomendable que os alumnos estean familiarizados con entornos que funcionan por capas e tamén que conten con nocións mínimas de edición de vídeo.

Ao longo da última década estendeuse o emprego das videoproxeccións como complemento visual en todo tipo de eventos, como espectáculos musicais, promocións, desfiles de moda, teatro ou danza. O sincronismo de lux, son e imaxe somerxe ao espectador en atmosferas envolventes nas que todos os seus sentidos se activan para dar lugar así a experiencias únicas. Este obradoiro ten como obxectivo achegar ao alumnado as ferramentas necesarias para desenvolver proxectos de Vjing (mestura e procesamento de imaxe en directo para acompañamento de espectáculos) e videomapping (adaptación de proxeccións a superficies específicas). Os alumnos aprenderán tamén cales son os dispositivos e fluxos de traballo axeitados para desenvolver estes espectáculos do xeito máis efectivo.

Materiais necesarios: mínimo un equipo portátil para cada dous alumnos. Requirimentos mínimos dos equipos:

  • Windows: 1GB Ram, ATI Radeon 9600 ou superior, NDIVIA GeForce FX 5200 ou superior.
  • OSX: 1 GB Ram, procesadores Intel Core Duo, Intel Core 2 Duo ou Intel Xeon. Tarxeta gráfica Quartz Extreme.

 

PROGRAMA

  1. Historia do Vjing.
  2. Referentes e exemplos de proxeccións para espectáculos.
  3. Introdución á creación de contidos audiovisuais para Resolume
  4. Interface xeral e parámetros de manexo de Resolume.
  5. Dispositivos externos: controladoras MIDI, cámaras, proxectores. OSC, cables e conexións.
  6. Sincronismo con son.
  7. Videomapping: tipoloxías e exemplos.
  8. Configuración de saída avanzada con Resolume.
  9. Introdución a Madmapper.
  10. Práctica de videomapping.

LAURA ITURRALDE

Aínda que traballa noutros eidos como a fotografía, a ilustración, o deseño gráfico, a iluminación ou o deseño de espazos, Laura Iturralde está especializada nas videoproxeccións para espectáculos en vivo. Participou como videojockey  na formación musical Trilitrate e colaborou como VJ con bandas como Cró!, Pálida, Orquesta Metamovida, Cuarteto Caramuxo e Zan Hoffman. Tamén traballou como técnica de audiovisuais/iluminación con compañías de teatro como Triateros Teatro, Inverso Teatro, Cía Borja Fernández, A Artística e Catrocadeiras. Entre a súa experiencia docente destaca un obradoiro de 20 horas as videoproxección para espectáculos dirixido a docentes de realización que impartiu para a Xunta de Galicia, dous cursos de 8 horas sobre Vj e Resolume para Simia Espacio (Vigo) ou unha masterclass sobre Vjing nas I Xornadas de Artes Electrónicas (A Cañiza). Exemplos do seu traballo en www.lauiturralde.com.

Log In or Sign Up

Se estás matriculado/a en algún obradoiro do LAV introduce os teus datos de acceso para acceder ao foro de alumnos.

¿Recordar contraseña? / ¿Recordar usuario?