Titularidade
As presentes disposicións regulan o uso do servizo do sitio web https://senunpeso.org.
A Asociación Senunpeso Producións é a titular do dominio de segundo nivel “senunpeso.org” e dos elementos nel incluídos.
Responsabilidade legal
O contido facilitado a través deste sitio web emítese con efectos simplemente informativos.
A Asociación Seunpeso Producións non se fai responsable dos danos e prexuízos que puidese ocasionar o uso ilexítimo ou inadecuado das ferramentas e informacións contidas neste sitio web.
A Asociación Seunpeso Producións non asume responsabilidade algunha derivada da conexión ou contidos das ligazóns a páxinas externas sobre as que non se ten ningún control, debendo a persoa usuaria deste sitio web, en todo caso, aterse ás condicións de uso específicas dos espazos web aos que dirixen esas ligazóns.
A Asociación Seunpeso Producións resérvase a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de aviso previo, modificacións e actualizacións sobre a información contida ou na súa configuración ou presentación.
Propiedade intelectual
A información dispoñible neste sitio web, salvo indicación expresa en contrario,está protexida por unha licencia de tipo CC BY-SA (recoñecemento-compartir igual). Isto significa que os contidos desta web poden ser reproducidos total ou parcialmente e modificados, para usos comerciais e non comerciais, sempre que se cite a fonte e non se desnaturalice o contido da información.
Política de privacidade e protección de datos
A política de propiedade e protección de datos está recollida na páxina correspondente.