Idénticas

2018. Documental, 67 min.
Dirección: Luis Avilés
Luis Avilés Baquero conta a historia de Cayetana e Celia, dúas das 64 persoas en todo o mundo que padecen heteroplasia ósea progresiva. Idénticas fala da vida destas dúas irmás xemelgas de Lousame e de todo o que supón convivir con esta enfermidade ultrarrara. O caso destas nenas é único, xa que, malia seren xemelgas idénticas, unha delas experimenta os síntomas de forma acelerada e a outra só presenta manifestacións leves.
Sábado 25 de xaneiro. 20 h.
Centro Sociocultural de Vedra
Presentación e coloquio a cargo do director, Luis Avilés Baquero.
Hamada

2018. Documental, 89 min.
Dirección: Eloy Domínguez Serén
Eloy Domínguez Serén retrata con vitalidade e humor un grupo de mozos que vive nun campamento de refuxiados no medio do deserto do Sáhara. Xuntos usan o poder da creatividade e a diversión para denunciaren a realidade que os rodea e se expandiren máis alá dos límites do campamento, aínda que non crucen eses muros e aramados que os reteñen e fan invisibles.
Sábado 1 de febreiro. 20 h.
Centro Sociocultural de Vedra
En deuda con todas

2019. Documental, 60 min.
Dirección: María Lobo e Roi Guitián
Este documental dirixido por María Lobo e Roi Guitián para a Agareso (Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social) pretende chamar a atención sobre a vulneración de dereitos humanos que sofren as mulleres de El Salvador e contribuír á loita por unha lexislación que garanta o acceso a unha saúde sexual e reprodutiva libre de prexuízos ideolóxicos, especialmente para as nenas e as adolescentes máis vulnerables. As protagonistas, desde ambos os lados dos muros do cárcere, lémbranlle ao mundo que despenalizar o aborto cando a saúde da nai corre perigo tamén é loitar pola vida.
Sábado 8 de febreiro. 20 h.
Centro Sociocultural de Vedra
Presentación e coloquio a cargo de Agareso.