A dúas primeiras semanas de outubro volve o LAV.mov: cursos de formación audiovisual e concurso de curtas express no Laboratorio Audiovisual de Vedra.
Que é o LAV.mov?
Dúas fins de semana de actividades independentes en outubro de 2019:
OBRADOIROS DE FORMACIÓN
- Iniciación ás curtametraxes. Retratando a realidade, con Illa Bufarda (sábado 5, domingo 6 e sábado 12 de outubro // 22 horas) CANCELADO
- Pensar e contar unha serie de TV, con Pepe Coira (sábado 5 e domingo 6 de outubro // 14 horas) AMPLIAMOS A INSCRICIÓN ATA O 4 DE OUTUBRO
- Dirección de fotografía: cámara e iluminación en documentais e ficción, con Jaime Pérez (sábado 5 e domingo 6 de outubro // 14 horas) PRAZAS ESGOTADAS
Inscrición aberta ata o 27 de setembro ata o 4 de outubro só no obradoiro "Pensar e contar unha serie de TV". 15 prazas por obradoiro. Garántese a realización dos obradoiros que conten cun mínimo de 7 persoas inscritas.
Non se admitirán inscricións de menores de 14 anos. Os menores de entre 14 e 17 anos necesitarán unha autorización asinada por nai, pai ou titor/a legal.
As persoas socias de Senunpeso e as veciñas de Vedra contan cun desconto do 50% na matrícula. O alumnado de CC da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela contan cun 20% de desconto.
FESTIVAL DE CURTAS EXPRESS
Venres 11, sábado 12 e domingo 13 de outubro:
- 48 horas para facer en equipo unha curtametraxe de menos de 5 minutos.
- Premio de 1.000 € á mellores curtametraxe.
- Con mentores asesorando nas fases de planificación, rodaxe e montaxe.
Inscrición aberta ata o 7 de outubro. Número máximo de equipos: 15. Garántese a realización do concurso cun mínimo de 4 equipos participantes.
Non poderán participar menores de 14 anos. Os menores de entre 14 e 17 anos necesitarán unha autorización asinada por nai, pai ou titor/a legal.
+ INFO
OBRADOIROS
CANCELADO
INICIACIÓN ÁS CURTAMETRAXES
INSCRICIÓN ABERTA
PENSAR E CONTAR UNHA SERIE DE TV
PRAZAS ESGOTADAS!
CÁMARA E ILUMINACIÓN EN DOCUS E FICCIÓN
CONCURSO

Organiza: Asociación Cultural Senunpeso
Coa colaboración de:






