Obradoiro “Iniciación ás curtametraxes. Retratando a realidade”

INSCRÍBETE!

Prazas? 15

Duración? 22 h

Prezo? 60 €

Desconto do 50% para soci@s de Senunpeso e veciñ@s de Vedra

Cando? sábados 5 e 12 de outubro de 10 h a 14 h e de 15:30 h a 19:30 h; domingo 6 de outubro de 10 h a 14 h e de 15:30 h a 17:30 h

Onde? Centro Social de Vedra

INSCRICIÓN
Nome do/a alumno/a
Correo electrónico

Impartido por: Illa Bufarda

Dirixido a: calquera persoa sen ningunha ou con moi pouca experiencia no audiovisual. O único imprescindible é ter curiosidade e gana de observar e coller impulso para retratar a realidade.

Material necesario: recoméndase que, quen poida, traia ordenador portátil. Unhas semanas antes do inicio do curso, Illa Bufarda poñerase en contacto co alumnado para indicar se é preciso algo máis e informar sobre o programa de edición (libre e gratuíto) que se vai empregar, polo que convén traelo instalado.

PROGRAMA

Cantas veces a realidade supera a ficción? Cantas escenas do cotián son pura fantasía? Cantas historias propias quedan no esquecemento ou nin sequera coñecemos? Cantas representacións posibles se poden facer dunha mesma realidade? Como captar ese instante? Estas e moitas máis preguntas (e algunhas respostas) trataranse neste breve pero intenso obradoiro de 24 horas, no cal o alumnado creará curtametraxes partindo da realidade, traballando en grupos e transitando conxuntamente as seguintes fases:

  1. Observación da realidade coa mente fílmica en modo “on”.
  2. Organización do que se quere contar con linguaxe audiovisual: o guión.
  3. Preparación da gravación: a preprodución.
  4. Gravación da nosa historia: a rodaxe.
  5. Edición básica de vídeo.
  6. Visionado conxunto.
illabufarda

ILLA BUFARDA

No 2012 emerxeu un pequeno illote entre o Atlántico e o Cantábrico que vai medrando con cada proxecto que asoma pola súa bufarda. Esta produtora creativa está habitada por profesionais da comunicación que se expresan a través do audiovisual, da animación, da fotografía e do deseño gráfico.

Atención! Na Illa Bufarda teñen unha escola nómade que vai botar áncora no LAV. Traen un cargamento de curiosidade antropolóxica e etnográfica con altas doses de enerxía creativa.