LAV.mov 2021

 

A última fin de semana de outubro volve o LAV.mov: cursos de formación audiovisual e concurso de curtas express no Laboratorio Audiovisual de Vedra.

Este ano desenvolverase integramente na Estación de Tren de Santa Cruz de Ribadulla, un espazo versátil e con bo acceso en transporte público. Aquí o tes en Google Maps e aquí podes consultar os horarios de autobuses.

OBRADOIROS DE FORMACIÓN

Sábado 30 e domingo 31 de outubro.
14 horas de duración.

Inscrición aberta ata o 22 de outubro.
Prezo: 60 €
15 prazas por obradoiro.
Garántese a realización dos obradoiros que conten cun mínimo de 8 persoas inscritas.
Non se admitirán inscricións de menores de 14 anos. Os menores de entre 14 e 17 anos necesitarán unha autorización asinada por nai, pai ou titor/a legal.

As persoas socias de Senunpeso e as veciñas de Vedra contan cun desconto do 50% na matrícula.

CONCURSO DE CURTAS EXPRESS

Venres 29, sábado 30 e domingo 31 de outubro:

  • 48 horas para facer en equipo unha curtametraxe de menos de 5 minutos.
  • Premio de 1.000 € á mellor curtametraxe.
  • Con Andrés Goteira como mentor, asesorando nas fases de planificación, rodaxe e montaxe.

Inscrición aberta ata o 22 de outubro. Número máximo de equipos: 15. Garántese a realización do concurso cun mínimo de 4 equipos participantes.

Non poderán participar menores de 14 anos. Os menores de entre 14 e 17 anos necesitarán unha autorización asinada por nai, pai ou titor/a legal.

+ INFO E INSCRICIÓNS NO CONCURSO

+ INFO

CONCURSO

Concurso de Curtas Express
INSCRÍBETE XA

OBRADOIROS

Found footage
RECOLECTADORES DE IMAXES: OBRADOIRO DE "FOUND FOOTAGE"
INSCRÍBETE XA

DITsPOSTo
OBRADOIRO: "DITsPOSTo: DO SENSOR Á PANTALLA"
---PRAZAS ESGOTADAS---

Organiza: Asociación Cultural Senunpeso

Coa colaboración de:

Concello de Vedra
Papaventos