Concurso A Fume de Carozo 2021

Entre o 29 e o 31 de outubro de 2021 terá lugar un concurso de realización de curtas express en Vedra no que os participantes terán 48 horas para crear unha peza audiovisual seguindo uns requisitos revelados pola organización no comezo do festival.

Límite de 15 equipos participantes. Premio de 1.000 € á mellor curtametraxe!


INSCRICIÓN: 10 €
Nome representante do grupo
Correo electrónico



DESCARGA AS BASES

Descarga as bases de A Fume de Carozo

Quen pode participar?

Calquera persoa maior de 14 anos, de xeito individual ou en grupo, que se inscriba na web www.senunpeso.org. O número máximo de equipos é 15.

Cal é o obxectivo?

Realizar unha curtametraxe con total liberdade sobre o xénero (ficción, documental, experimental, videodanza...) ou a técnica, sempre e cando a curtametraxe cumpra as condicións establecidas e teña unha duración máxima de 5 minutos (créditos incluídos).

Canto custa?

10 € por equipo de rodaxe.

Cal é o premio?

1.000 € á mellor curtametraxe

Como é a programación?

Venres 29 de outubro

  • 18:00: Recepción e presentación das normas comúns e específicas de cada categoría do concurso na Estación de Tren de Santa Cruz de Ribadulla.
  • 18:30: Arranca o concurso.
  • A organización facilitará un espazo para reunións e edición do que as persoas participantes poderán dispoñer nun horario específico, así como información de interese que poida servirlles para orientar as pezas ou conseguir recursos (localizacións, ideas, actores e actrices etc.).
  • O director de cine Andrés Goteira estará dispoñible como mentor para orientar e resolver dúbidas sobre a planificación (idea, guión, preprodución...)

Sábado 30 de outubro

  • Continúa o concurso.
  • En horario de mañá e de tarde, o director de cine Andrés Goteira estará dispoñible como mentor para orientar e resolver dúbidas sobre a planificación (idea, guión, preprodución...) e a realización (rodaxe, produción...).

Domingo 31 de outubro

  • Últimas horas do concurso.
  • En horario de mañá, o director de cine Andrés Goteira estará dispoñible como mentor para orientar e resolver dúbidas sobre a edición (montaxe, posprodución...).
  • 17:30 h: entrega das pezas audiovisuais na Estación de Tren de Santa Cruz de Ribadulla.
  • 18:30 h: proxección de todas as pezas resultantes do festival, aberta ao público xeral.
  • Ao rematar a exhibición: deliberación do xurado e entrega de premios.

O MENTOR: ANDRÉS GOTEIRA

O concurso A Fume de Carozo conta cun mentor que está dispoñible para os equipois participantes como apoio para orientar e resolver dúbidas en aspectos como a planificación (idea, guión, preprodución...), a realización (rodaxe, produción...) e a edición (montaxe, posprodución...).

Na edición de 2021 o mentor será Andrés Goteira. Nacido en Meira en 1983, é director de cine, guionista, montador, formador educativo e ademáis enxeñeiro técnico de telecomunicacións. É cofundador e produtor en Gaitafilmes. Director de Dhogs (2017), un dos filmes máis sorprendentes dos últimos anos, seleccionado en múltiples festivais internacionais. Tamén dirixiu Welcome to ma maison (estrea pendente en 2021). Desenvolve e escribe Monstro, Sucio po estelar e Señora azul.

BASES

O concurso desenvolverase do 29 ao 31 de outubro de 2021 no concello de Vedra.

INSCRICIÓN

  • As curtametraxes realizaranse na súa totalidade en 48 horas, desde as 18:30 h do venres 29 de outubro de 2021 ata as 17:30 h do domingo 31 de outubro de 2021. Calquera traballo anterior a ese período de tempo significará a descualificación da curtametraxe.
  • No inicio do concurso, a organización desvelará os requisitos xerais e específicos que deberán cumprir todas as curtametraxes para poder optar ao premio.
  • A lingua empregada nas curtametraxes debe ser o galego. Con todo, non se descualificarán aquelas pezas en que algún personaxe fale noutra lingua por esixencias do guión ou, no caso das curtametraxes documentais, se a lingua en que se expresa algunha das persoas entrevistadas non sexa o galego.
  • A organización facilitaralles a todos os equipos información de interese que poida servirlles para orientar as pezas ou conseguir recursos (localizacións, recursos, contactos etc.).
  • A organización facilitará un espazo para reunións e edición do que poderán dispoñer as persoas participantes nun horario específico.
  • Cada persoa ou equipo participante traballará co seu propio material técnico de rodaxe (cámara, móbiles, gravadoras, micros, material de iluminación etc). A organización non se fai responsable de ningún dano, subtracción ou perda do devandito material.
  • As persoas ou equipos participantes deben ter os dereitos sobre calquera música utilizada ou empregar música libre de dereitos (con licenza Creative Commons).
  • Na creación das curtametraxes existe total liberdade sobre o xénero (ficción, documental, experimental, videodanza...) ou a técnica, sempre e cando se cumpran as condicións xerais e específicas reveladas na recepción do día 29 de outubro ás 18 h. A peza audiovisual deberá ter unha duración máxima de 5 minutos (créditos incluídos).

RECEPCIÓN DE PARTICIPANTES

  • O venres 29 de outubro de 2021 ás 18 h convocaranse as persoas participantes individuais e os equipos (ou representante/s do equipo) na Nave da Estación de tren de Santa Cruz de Rivadulla en Vedra para proporcionarlles:
    • As normas particulares do concurso que non sairán á luz ata ese momento. Estas condicións, que poden ser relativas á temática (guión, localizacións, atrezzo etc.), serán de obrigado cumprimento.
    • Un catálogo de escenarios e contornas naturais que ofrece o concello de Vedra, dos que poden dispoñer os equipos participantes.
  • Calquera equipo que non se presente á recepción perderá o dereito ao premio do certame.

O CONCURSO

  • As curtametraxes realizaranse na súa totalidade en 48 horas, desde as 18:30 h do venres 29 de outubro de 2021 ata as 17:30 h do domingo 31 de outubro de 2021. Calquera traballo anterior a ese período de tempo significará a descualificación da curtametraxe.
  • No inicio do concurso, a organización desvelará os requisitos xerais e específicos que deberán cumprir todas as curtametraxes para poder optar ao premio.
  • A lingua empregada nas curtametraxes debe ser o galego. Con todo, non se descualificarán aquelas pezas en que algún personaxe fale noutra lingua por esixencias do guión ou, no caso das curtametraxes documentais, se a lingua en que se expresa algunha das persoas entrevistadas non sexa o galego.
  • A organización facilitaralles a todos os equipos información de interese que poida servirlles para orientar as pezas ou conseguir recursos (localizacións, recursos, contactos etc.).
  • A organización facilitará un espazo para reunións e edición do que poderán dispoñer as persoas participantes nun horario específico.
  • Cada persoa ou equipo participante traballará co seu propio material técnico de rodaxe (cámara, móbiles, gravadoras, micros, material de iluminación etc). A organización non se fai responsable de ningún dano, subtracción ou perda do devandito material.
  • As persoas ou equipos participantes deben ter os dereitos sobre calquera música utilizada ou empregar música libre de dereitos (con licenza Creative Commons).
  • Na creación das curtametraxes existe total liberdade sobre o xénero (ficción, documental, experimental, videodanza...) ou a técnica, sempre e cando se cumpran as condicións xerais e específicas reveladas na recepción do día 29 de outubro ás 18 h. A peza audiovisual deberá ter unha duración máxima de 5 minutos (créditos incluídos).

MENTORIZACIÓN

  • Durante a fin de semana do concurso estará dispoñible unha persoa profesional do sector audiovisual nun horario específico e fará o papel de mentora para calquera equipo ou participante individual co fin de orientar e resolver dúbidas en canto á planificación (idea, guión, preprodución...), realización (rodaxe, produción...) e edición (montaxe, posprodución...).

ENTREGA DA PEZA

  • As curtametraxes serán entregadas o domingo 31 de outubro de 2021 ás 17:30 h na Nave da Estación de tren de Santa Cruz de Ribadulla en Vedra. Calquera peza audiovisual entregada despois das 17:30 h non poderá optar ao premio.
  • No caso de que ninguna curtametraxe se entregue antes da hora final do concurso o premio quedará deserto. No caso de que só se entregase unha curtametraxe a tempo, esta optará ao premio mais o xurado estimará se o declara deserto ou se lle concede a esta única peza.
  • Cada grupo só poderá entregar unha peza audiovisual.
  • Os equipos deben entregar as pezas audiovisuais nun pen drive (que será devolto no mesmo día) en formato .mp4 (H.264), cunha resolución mínima de 720p e bitrate de entre 10.000 e 15.000 kbits/s.
  • A organización non se fai responsable se unha peza audiovisual dá erro de lectura ou erro de formato.
  • Cada curtametraxe deberá conter na seguinte orde:
    • Cortinilla (que se poderá descargar da web)
    • Título
    • Peza audiovisual
    • Créditos finais.
  • Cada equipo ou participante individual deberá entregar cuberta coa peza unha ficha técnica facilitada pola organización coa información da curtametraxe (categoría, título, duración, formato, xénero, sinopse, equipo técnico, equipo artístico...), coa cal se comprobará que cumpriron todas as condicións.

EXHIBICIÓN

  • Todas as curtametraxes presentadas serán proxectadas publicamente o domingo 31 de outubro de 2021 na Nave da Estación de Santa Cruz de Ribadulla en Vedra a partir das 18:30 h. Posteriormente, farase a entrega de premios.

XURADO

  • O xurado, composto por profesionais do sector do audiovisual, será o responsable de outorgar os premios ás curtametraxes que cumpran todos os requisitos impostos pola organización.
  • O xurado poderá declarar deserto o premio así como outorgalo ex aequo (neste caso dividiríase o importe do premio entre os equipos premiados).
  • O fallo do xurado será inapelable.

PREMIOS

  • O premio á mellor curtametraxe será de 1.000 euros.
  • O premio entregarase mediante transferencia á conta da persoa que figure na inscrición como responsable do equipo gañador. A estas cantidades efectuaránselles as retencións fiscais que resulten obrigatorias en aplicación das normas fiscais vixentes.

ASPECTOS LEGAIS

  • As curtametraxes deberán ser orixinais. Cada equipo ou participante individual comprométese a obter todos os dereitos de explotación da peza audiovisual, así como a cesión de dereitos das persoas autoras (guionistas e músicos/as se os houber) e a cesión de dereitos de imaxe de intérpretes.
  • A organización non se fai responsable das posibles sancións que se deriven polas infraccións de dereitos de terceiros e ten o dereito de non admitir a concurso aquelas curtametraxes que considere que violen os devanditos dereitos.
  • As curtametraxes que se presenten non poden ser exhibidas antes da entrega de premios do LAV.mov.
  • As persoas participantes ceden á organización os dereitos de comunicación pública e reprodución das curtametraxes realizadas, de forma non exclusiva, con fins unicamente promocionais e divulgativos do concurso. Así mesmo, a organización conservará unha copia de cada peza producida no seu arquivo.
  • A organización conta cun seguro de responsabilidade civil, mais todas as persoas participantes deben actuar con precaución e seguridade nos días que dura o concurso.
  • As persoas participantes que queiran presentar noutros circuítos audiovisuais a curtametraxe que realizaron dentro do LAV.mov deberán conservar a cortinilla.
  • A participación no certame LAV.mov implica a aceptación das normas redactadas nestas bases.