Obradoiro “DITsPOSTo: do sensor á pantalla”

PRAZAS ESGOTADAS

Se queres que te poñamos en lista de espera por se hai algunha baixa, apúntate aquí

Prazas? 15

Prezo? 60 €

Desconto do 50% para soci@s de Senunpeso e veciñ@s de Vedra

Cando? sábado 30 de outubro de 10:30 h a 14:30 h e de 16:00 h a 20:00 h; domingo 31 de outubro de 10:30 h a 14:30 h e de 16:00 h a 18:00 h

Onde? Estación de Tren de Santa Cruz de Ribadulla. En Google Maps / Horarios de autobuses

Impartido por: Fernando Alfonsín

Dirixido a: xentiña do sector audiovisual que necesite ter unha visión técnica do fluxo de traballo completo dunha producción.

Material necesario: un ordenador portátil (MAC ou Windows) co DaVinci Resolve (é suficiente coa versión gratuíta do DaVinci).

PROGRAMA

Se estás disposto (a aguantar a Alfonsín) a coñecer todas as claves técnicas dos fluxos de traballo con imaxe dixital desde o set de rodaxe, pasando pola postproducción e chegando aos deliveries finais en distintos formatos, este é o teu curso.

  • A preproducción
    • Análise global do proxecto a nivel técnico.
    • Deseño do fluxo de traballo.
    • Comunicación e interacción co resto dos departamentos a ter en conta.
  • Conceptos da imaxe dixital
    • Resolución, profundidade de cor, compresión, Imaxe RAW/LOG/normalizada.
    • Espazos de cor. Os nativos de cámara e os estándares das pantallas.
    • ACES
    • Rango dinámico final dunha producción: SDR e HDR.
  • O set de rodaxe
    • O Traballo dun DIT e un Data Wrangler
    • Cámaras: sensores, formatos, códecs, configuracións…
    • Ferramentas para DIT e DATA. Hardware e software.
    • Xestión dos materiais de rodaxe. A media e os metadatos.
    • A comunicación desde o set coa postprodución.
  • A postproducción dixital
    • A montaxe: sistemas, a diferenza entre eles e que ter en conta para elixir un.
    • O conformado: a pedra angular dun fluxo de traballo ben feito.
    • O Color Grading: DaVinci Resolve como ferramenta clave.
    • Os VFX e a súa integración nos procesos da postprodución.
  • Os deliveries dixitais
    • O control de calidade QC: técnicas e ferramentas.
    • Formatos e normas habituais de entrega.
    • Os formatos DCP (cine dixital) e IMF (plataformas de streaming).
    • SDR, HDR e Dolby Vision.

*Contido extra: como facer un bo café para manterse esperto durante o curso 😉

alfonsin2
alfonsin

FERNANDO ALFONSÍN

Fernando Alfonsín é un profesional cunha experiencia de máis de 25 anos dedicado ao mundo da postproducción de imaxe. É un entusiasta das novas tecnoloxías e fai un continuo I+D que aplica ao seu traballo diariamente. Comezou como montador no ano 1994, labor que na actualidade segue realizando de modo menos intenso, ademais leva algo máis de 15 anos traballando como colorista e nestes últimos achégase aos sets de rodaxe coa figura de DIT. Creou a empresa Alfonsin Digital Lab que presta servizos de postproducción, DIT e laboratorio dixital.