Recolectadores de imaxes: obradoiro de “found footage”

Prazas? 15

Prezo? 60 €

Desconto do 50% para soci@s de Senunpeso e veciñ@s de Vedra

Cando? sábado 30 de outubro de 10:30 h a 14:30 h e de 16:00 h a 20:00 h; domingo 31 de outubro de 10:30 h a 14:30 h e de 16:00 h a 18:00 h

Onde? Estación de Tren de Santa Cruz de Ribadulla. En Google Maps / Horarios de autobuses


INSCRICIÓN
Nome do/a alumno/a
Correo electrónico



Impartido por: Javier Trigales

Dirixido a: estudantes de audiovisuais, de artes plásticas, fotógrafos, afeccionados ao cinema e en xeral a todxs aquels que andan á procura de novas formas de expresión artística.

Material necesario: cada alumnx deberá traer un ordenador portátil que dispoña dalgún tipo de programa de edición de vídeo (e saber utilizalo aínda que sexa de xeito rudimentario). Anímase ao alumnado a traer calquera peza de vídeo do seu arquivo persoal para formar entre todxs un arquivo de vídeo co que traballar e crear as pezas de “found footage”.

PROGRAMA

As plataformas e os contidos por redes e TV fan que o bombardeo diario de imaxes sexa descomunal. É hora de facer ecoloxía audiovisual e repensar as imaxes que nos chegan. Unha análise do pasado e presente da reciclaxe de imaxes para aprender a linguaxe audiovisual do found footage e crear unha peza audiovisual propia a partir de imaxes de arquivo.

  1. Análise dos grandes nomes do found footage: Bruce Conner, Bill Morrison, Ken Jacobs...
  2. As mil e unha vidas das imaxes: o estruturalismo de Kurt Kren, o activismo de Barbara Hammer, a revolución de Santiago Álvarez ou María Ruido.
  3. Horror atopado: Peter Tscherkassky e, o cinema de xénero de "found footage".
  4. Autobiografías e antropoloxía do século XXI: Nuria Giménez Lorang, Helena Grón e Samuel Delgado, Davy Rothbart, Carolina Astudillo.
  5. Creación dunha peza de "found footage" por parte do alumnado coa supervisión do profesor.

trigales

JAVIER TRIGALES

Javier Trigales é programador de festivais, mostras e ciclos como a penúltima edición do Festival Internacional Cineuropa ou o Festival SinSal. É comisario audiovisual e traballa na xestión cultural para múltiples organismos públicos e entidades privadas. Tamén é guionista para cinema e TV (con traballos para Globomedia, La Dalia Films, Eye Slice Pictures ou Bambú Producciones). Tamén é docente de audiovisuais para diversas escolas, museos e centros culturais de todo o país (Fundación SGAE, Escuela EDUCA TU MIRADA, Escuela Superior de diseño Pablo Picasso, Museo de Belas Artes de A Coruña, Grupo Voz Audiovisual, Museo Marco de Vigo, Centro Galego de Arte Contemporánea CGAC). Por último, colabora como periodista cultural para varios medios (Luzes, Icon El País, Espinof, CaninoMag, Transit Cine, Diario Público), publicou como colaborador unha ducia de libros con editoriais como Cátedra, Rosebud, Almuzara, Arkadin, T&B, Rosebud… e forma parte da Asociación de Informadores Cinematográficos de España (AICE).