Proxeccións LAV.mov 2021

Dhogs

dhogs

201. Drama, 87 min.
Dirección e guión: Andrés Goteira
Elenco: Melania Cruz, Miguel de Lira, Antonio Durán “Morris”, Carlos Blanco, Iván Marcos

Mentres un estraño personaxe cruza as rúas da cidade ao volante dun taxi, no bar dun luxoso hotel está Álex, unha muller que goza dunha última copa, inconsciente do alude de acontecementos que a arroiará nas próximas horas. Unha fugaz aventura cun executivo será o preámbulo cara a unha espiral de violencia sen sentido aparente, obrigándoa a percorrer unha senda de sufrimento fóra do seu control.

Venres 29 de outubro, 20:30 h.
Nave da Estación. Santa Cruz de Ribadulla

Presentación e coloquio a cargo do director, Andrés Goteira.

Curtas do Festival
de Cans 2021

cans1

2020-2021. Curtametraxes e documental. Sesión de 75 min.

Sesión con catro das curtametraxes premiadas no Festival de Cans 2021 e un breve documental sobre a edición anterior:

  • "Monte Bravo" de Noelia Muíño (mellor curta de ficción e mellor dirección)
  • "Homeless Home" de Alberto Vázquez (mellor curta de animación e mellor banda sonora)
  • "Deux options" de Gon Caride (mellor guión e mellor interpretación masculina)
  • "O son da balea" de Daniel Suárez-Rubini (premio do público)
  • "Cans 2020" de Isaura Docampo, documental sobre o Festival de Cans. 

Sábado 30 de outubro. 20:30 h.
Nave da Estación. Santa Cruz de Ribadulla

Presentación e coloquio: Alfonso Pato, director do Festival de Cans.

Curtas do concurso
A Fume de Carozo 2021

2021. Curtametraxes.

Sesión na que proxectaremos as curtas que realicen durante a mesma fin de semana os equipos participantes na terceira edición do concurso de curtas express A Fume de Carozo.

Domingo 31 de outubro. 18:30 h.
Nave da Estación. Santa Cruz de Ribadulla