LAV.mov 2022

A segunda fin de semana de outubro de 2022 celebramos a cuarta edición do LAV.mov: cursos de formación audiovisual e concurso de curtas express.Desenvolverase integramente na Estación de Tren de Santa Cruz de Ribadulla, un espazo versátil e con bo acceso en transporte público. Aquí o tes en Google Maps e aquí podes consultar os horarios de autobuses.

OBRADOIROS DE FORMACIÓN

Sábado 8 e domingo 9 de outubro.

  • PREPARACIÓN DE CASTING PARA ACTORES E ACTRICES, con SANDRA MONTES. Todas as claves para a preparación de castings: análise de experiencias, diferenzas entre interpretación e preparación de casting, traballo con texto neutro etc.

Inscrición aberta ata o 30 de setembro.
Prezo: 60 €
16 prazas por obradoiro.
Garántese a realización dos obradoiros que conten cun mínimo de 8 persoas inscritas.
Non se admitirán inscricións de menores de 14 anos. Os menores de entre 14 e 17 anos necesitarán unha autorización asinada por nai, pai ou titor/a legal.

As persoas socias de Senunpeso e as veciñas de Vedra contan cun desconto do 50% na matrícula.

OBRADOIRO INFANTIL GRATUÍTO

Sábado 8 de outubro pola mañá.

  • PAPER CINÉTICO. OS XOGUETES ÓPTICOS DO CINEMA, con BELÉN VELEIRO. Un obradoiro que reflexiona sobre o “papel” do papel no cinema mediante a construción dun zoótropo, para experimentar a transformación da bidimensionalidade dunha folla de papel nun obxecto tridimensional en movemento.

Inscrición aberta ata o 30 de setembro.
De balde.
15 prazas.
Dirixido a nenas e nenos de 6 a 12 anos.

CONCURSO DE CURTAS EXPRESS

Venres 7, sábado 8 e domingo 9 de outubro:

  • 48 horas para facer en equipo unha curtametraxe de menos de 5 minutos.
  • Premio de 1.000 € á mellor curtametraxe.

Inscrición aberta ata o 30 de setembro. Número máximo de equipos: 10. Garántese a realización do concurso cun mínimo de 4 equipos participantes.

Non poderán participar menores de 14 anos. Os menores de entre 14 e 17 anos necesitarán unha autorización asinada por nai, pai ou titor/a legal.

+ INFO E INSCRICIÓNS NO CONCURSO

Domingo 9 de outubro, 19.00 h
CURTAS PARTICIPANTES NO CONCURSO "A FUME DE CAROZO" do LAV.mov 2022.

 

+ INFO

CONCURSO

Concurso de Curtas Express
INSCRÍBETE XA

OBRADOIROS

Obradoiro VFX
INICIACIÓN AOS VFX. COMPOSICIÓN NODAL CON FUSION (DAVINCI RESOLVE)
INSCRÍBETE XA

Obradoiro casting
PREPARACIÓN DE CASTING PARA ACTORES E ACTRICES
INSCRÍBETE XA

Obradoiro infantil
OBRADOIRO INFANTIL: PAPER CINÉTICO. OS XOGUETES ÓPTICOS DO CINEMA
INSCRÍBETE XA

Organiza: Asociación Cultural Senunpeso

Coa colaboración de:

wconcello_g
wdeputacion
wpapaventos