Preparación de casting para actores e actrices

INSCRICIÓNS PECHADAS

 

Prazas? 16

Prezo? 60 €

Desconto do 50% para soci@s de Senunpeso e veciñ@s de Vedra

Cando? sábado 8 de outubro de 10:30 h a 14:30 h e de 16:00 h a 20:00 h; domingo 9 de outubro de 10:30 h a 14:30 h e de 16:00 h a 18:00 h

Onde? Estación de Tren de Santa Cruz de Ribadulla. En Google Maps / Horarios de autobuses

Impartido por: Sandra Montes

Dirixido a: actores e actrices profesionais con máis ou menos experiencia e estudantes de interpretación que teñen dúbidas ou que queiran mellorar as súas experiencias nos castings.

Material necesario: o alumnado deberá preparar previamente a SEPARATA I (deben estudar os dous personaxes).

 

PROGRAMA

  1. Que nos dá medo dun casting.
  2. Análise de experiencias de casting.
  3. Diferenzas entre interpretación en ficción e preparación dun casting.
  4. Como saber que buscan e saír satisfeitos/as dunha proba.
  5. Traballo de casting con texto neutro.
  6. Análise de propostas e autoavaliación.

SandraMontes

SANDRA MONTES

Sandra Montes é profesional do audiovisual con máis de vinte anos de experiencia e directora de casting de produtoras como Voz Audiovisual, Vía Láctea Filmes, Vaca Films, Continental... Ao longo da súa carreira, traballou como axudante de dirección e directora de casting nun gran número de series de televisión e longametraxes, entre as que destacan María Solinha, Serramoura, Sicixia, A esmorga, Somos gente honrada, Padre Casares, Vilamor, Crebinsky, Mareas vivas...

Ademais, conta cunha longa traxectoria como docente de cursos de interpretación á cámara e preparación de casting para actores e actrices.