PRAZAS COMPLETADAS!
Apúntate á lista de espera e avisámoste se hai algunha baixa
Prazas? 15
Prezo? De balde
Cando? sábado 8 de outubro de 10:30 h a 13:30 h
Onde? Estación de Tren de Santa Cruz de Ribadulla. En Google Maps / Horarios de autobuses
Impartido por: Belén Veleiro
Dirixido a: nenas e nenos de 6 a 12 anos.
O OBRADOIRO
Este obradoiro reflexiona sobre o “papel” do papel no cinema explorando as infinitas posibilidades deste formato, que permite transformar, entre outras cousas, a bidimensionalidade dunha folla de papel nun obxecto tridimensional en movemento.
O zoótropo foi un xoguete moi popular na súa época e un dos avances para a aparición do cine. Zoo significa vivo, activo, e o que conseguimos con este aparello xigante é darlles vida a obxectos inmóbiles. Na construción deste aparello traballaremos tamén os rotorelieves de Duchamp. Unha experiencia espectacular!
Os obxectivos:
- Comprender a natureza da imaxe en movemento e a ilusión óptica.
- Descubrir as posibilidades do cine como xogo de maxia.
- Crear a nosa propia película ou os nosos gifs analóxicos!
- Queremos facer o zoótropo máis grande do mundo.
