Iniciación aos VFX. Composición nodal con Fusion (Davinci Resolve)

INSCRICIÓNS PECHADAS

Prazas? 16

Prezo? 60 €

Desconto do 50% para soci@s de Senunpeso e veciñ@s de Vedra

Cando? sábado 8 de outubro de 10:30 h a 14:30 h e de 16:00 h a 20:00 h; domingo 9 de outubro de 10:30 h a 14:30 h e de 16:00 h a 18:00 h

Onde? Estación de Tren de Santa Cruz de Ribadulla. En Google Maps / Horarios de autobuses

Impartido por: Pablo Lamosa

Dirixido a: persoas familiarizadas con algún programa de edición/posprodución audiovisual (ideal ter algún coñecemento de Davinci Resolve, pero non é imprescindible). Nivel principiante.

Material necesario: portátil/ordenador coa última versión gratuíta de Davinci Resolve instalado (https://www.blackmagicdesign.com/products/davinciresolve).

 

PROGRAMA

  1. Que son os efectos visuais e efectos máis comúns (revisión de traballos propios para explicalos).
  2. Iniciación a Fusion dentro de Davinci Resolve (funcionamento da composición nodal) con exercicio práctico
  3. Integración de pantallas e borrados con exercicio práctico (mediante técnicas de tracking, rotoscopia e rotopaint).
  4. Integración con croma con exercicio práctico.

FotoPabloLamosa

PABLO LAMOSA

Pablo Lamosa é licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo e está especializado en edición e posprodución. Traballou como compositor de VFX en El Ranchito (Juego de tronos, La piel fría...), Deluxe Spain (30 monedas, El Cid, El desorden que dejas, Élite, Criminal, Yuli, Todos lo saben...), Telson (Marea negra) e Ficción Producciones.

En 2020 creou o seu propio estudio, Cormorán VFX, co cal xa traballou en proxectos para Amazon Video, HBO, Movistar Plus e diversas produtoras do sector, como Código Emperador, Rapa, Eles transportan a morte, Augaseca, 3 caminos, Cuñados...