Recollida de datos
Ao navegar por este sitio web estás a recibir as cookies que utiliza, que en ningún caso se empregan para recoller información de carácter persoal.
Botóns de pagamento e inscrición en actividades
A inscrición en actividades faise a través de widgets ou botóns de PayPal. Ao realizar un pagamento por este medio, a persoa usuaria está suxeita á política de privacidade de PayPal.
Cookies
Se tes unha conta e te conectas a este sitio, instalaremos unha cookie temporal para determinar se o teu navegador acepta cookies. Esta cookie non contén datos persoais e elimínase ao pechar o navegador.
Cando inicias sesión, tamén instalaremos varias cookies para gardar a túa información de inicio de sesión e as túas opcións de visualización de pantalla. As cookies de inicio de sesión duran dous días, e as cookies de opcións de pantalla duran un ano. Se seleccionas “Lembrarme”, o teu inicio de sesión perdurará durante dúas semanas. Se saes da túa conta, as cookies de inicio de sesión eliminaranse.
Se editas ou publicas un artigo, gardarase unha cookie adicional no teu navegador. Esta cookie non inclúe datos persoais e simplemente indica o ID do artigo que acabas de editar. Expira despois de 1 día.
Contido incrustado doutros sitios web
Os artigos deste sitio poden incluír contido incrustado (por exemplo, vídeos, imaxes, artigos, etc.). O contido incrustado doutras web compórtase exactamente da mesma maneira que se o visitante visitase a outra web.
Con ese contido embebido, estes sitios web poden recoller datos sobre ti, usar cookies, incluso de terceiros, e facer unha seguimento da túa intercacción.
Analítica
Este sitio web empregar a ferramenta Google Analytics para a medición e análise estatística da navegación que se fai na web, co obxectivo de mellorar os servizos que ofrecemos. Esta información é directamente transmitida e arquivada por Google.
Para garantir o anonimato, Google converte a túa información en anónima truncando a dirección IP antes de almacenala. Tampouco asocia a súa dirección IP truncada a ningún outro dato conservado por Google, nin pode enviar a información recollida por Google Analytics a terceiros salvo cando estea legalmente obrigado a facelo, conforme as condicións de prestación do servizo de Google Analytics.
Podes negarte ao tratamento estatístico dos datos ou da información con Google Analytics. Lembra que debes facelo cada vez que cambias de navegador ou a súa configuración, ou se eliminas as cookies, xa que o indicador de denegación se garda nunha cookie.
Protección de datos persoais
Quen é a responsable do tratamento?
A responsable do tratamento dos datos é a xunta directiva da Asociación Senunpeso Producións.
Constituirá un tratamento de datos persoais calquera operación realizada sobre datos persoais como a recollida, rexistro, organización, estruturación, conservación, adaptación ou modificación, extracción, consulta, utilización, comunicación por transmisión, difusión ou calquera outra forma de habilitación de acceso, cotexo ou interconexión, limitación, supresión ou destrución.
Finalidades
A Asociación Senunpeso Producións poderá tratar datos con diferentes finalidades, que figuran nas cláusulas informativas propias de cada procedemento.
Prazos de conservación
Os datos persoais serán conservados mentres sexan necesarios para as finalidades de cada tratamento e, en todo caso, durante os prazos previstos pola lexislación vixente, atendendo ao requirido pola normativa vixente respecto á retirada do consentimento, á supresión dos datos polas persoas interesadas ou ao exercicio doutros dereitos.
Destinatarios dos datos
Os destinatarios concretos dos datos especifícanse nas cláusulas informativas correspondentes a cada procedemento.
Exercicio de dereitos
A Asociación Senunpeso Producións garante e facilita a calquera persoa o exercicio dos seus dereitos en materia de protección de datos de carácter persoal. Estes dereitos son:
- Dereito de acceso: dereito a obter confirmación sobre se se están tratando os datos e información, no seu caso, sobre o devandito tratamento.
- Dereito de rectificación: dereito a solicitar a rectificación dos datos cando sexan inexactos.
- Dereito de supresión ou esquecemento: dereito a obter a supresión dos datos nos termos previstos na normativa vixente.
- Dereito de oposición: dereito a opoñerse, en calquera momento a que os datos persoais sexan obxecto de tratamento.
- Dereito á limitación do tratamento: dereito a que o responsable limite o tratamento dos datos da persoa interesada nos supostos recollidos na normativa vixente.
- Dereito á portabilidade dos datos: dereito a recibir os datos que proporcionou nun formato estruturado, de uso común e lectura mecánica, ou a que sexan transmitidos directamente a un terceiro nos supostos establecidos na normativa vixente.
- Dereito a non ser obxecto de decisións individuais automatizadas: dereito a non ser obxecto dunha decisión baseada unicamente no tratamento automatizado, incluída a elaboración de perfís, que produza efectos xurídicos no interesado ou lle afecte significativamente de modo similar.
- Dereito a retirar o consentimento: cando o tratamento dos datos estea baseado no consentimento das persoas interesadas, estas poderán retirar o consentimento outorgado en calquera momento, sen que iso afecte á licitude do tratamento previo á súa retirada.
Sen prexuízo de calquera outro recurso, as persoas interesadas teñen dereito tamén a presentar unha reclamación ante a autoridade de control (Axencia Española de Protección de Datos).
Tramitación dos dereitos
Calquera persoa pode exercer os seus dereitos escribindo unha mensaxe ao endereo de correo electrónico senunpeso@gmail.com.