Na Asociación Senunpeso Producións seguimos a traballar desde Vedra pola formación e a difusión do audiovisual galego e desde o audiovisual para dinamizar Vedra.
Para iso queremos implicar a máis xente... queremos contar contigo! Para que poñas cartos, pero tamén para que, se queres e podes, te impliques na organización.
Facéndote soci@ axudas a que continúen o Laboratorio Audiovisual de Vedra e os ciclos de cinema que organizamos anualmente.
A cota é de 10 € ao ano. A cambio tes importantes descontos nos cursos e actividades que organice a asociación.